18/23 horas lectivas para o curso 26/27

Na reunión deste martes 23 de setembro, finalmente o Ministerio presentounos a súa proposta para reducir por lei o horario lectivo do profesorado a un máximo de 18/23 horas, e que será de aplicación xa desde o vindeiro curso 2026-2027. Tamén se inclúe a proposta de redución de ratios.

18/23 horas lectivas: un avance que reforza o Acordo galego e marca o camiño para completar as melloras pendentes

CCOO Ensino valora como un avance relevante o anuncio feito hoxe polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, de levar a lei un máximo de 23 horas lectivas en Primaria e 18 horas lectivas en Secundaria, Bacharelato e resto de ensinanzas, así como a baixada de ratios e a redución da burocracia, con inicio de aplicación xa no curso 2026-27 e negociación coas organizacións sindicais e coas comunidades autónomas.

Reprochámoslle ao ministro de Función Pública a súa inacción e apremámolo a retomar o diálogo ou tomaremos medidas

CCOO, UGT e CSIF advertimos ao ministro de Función Pública, Óscar López, da grave parálise e da ausencia de diálogo coas organizacións sindicais, que representan máis do 80 % do persoal público. Reclamamos retomar de inmediato a negociación para abordar asuntos urxentes como o emprego, os salarios e a calidade dos servizos públicos, e avisamos de que, de non haber resposta, adoptaremos as medidas necesarias.