A neutralidade institucional e os dereitos das persoas usuarias e traballadoras están por riba de calquera acto electoral

Insistimos en que os actos electorais no HC San Rafael non poden comprometer a neutralidade, a liberdade de decisión das persoas con discapacidade nin os dereitos laborais. A actividade partidista debe permanecer separada da actividade asistencial do centro, sen excepcións.

CCOO Ensino sobre o acto electoral no HC San Rafael de Vigo

O PP pretende facer campaña electoral no HC San Rafael de Vigo, un centro de atención a persoas con discapacidade financiado con fondos públicos. Desde CCOO Ensino advertimos: os dereitos das persoas usuarias e traballadoras deben estar por riba de calquera interese partidista.

CCOO non asina as táboas salariais de 2025 dos centros de educación especial

CCOO non asina as táboas salariais de 2025 dos centros de educación especial por considerar insuficientes os incrementos acordados, que non garanten melloras retributivas efectivas para parte do persoal con salarios máis baixos, especialmente o de atención directa.

CCOO Ensino solicita unha reunión coa nova conselleira de Política Social

Unha vez coñecido o nomeamento de Ángeles Vázquez como nova conselleira de Política Social, a Secretaria Xeral de CCOO Ensino, Noelia Sánchez Vaamonde, solicitou formalmente unha reunión con ela para abordar as principais problemáticas que afectan os sectores de Menores, Discapacidade e Educación Infantil de 0 a 3 anos.

Fabiola García marcha a Madrid deixando unha Consellería de Política Social que lles dá as costas ás traballadoras e aos traballadores

A marcha de Fabiola García a Madrid é unha boa ocasión para facer balance dun mandato marcado pola falta de diálogo, o desprezo á representación legal das persoas traballadoras e a ausencia de respostas ás reivindicacións dos sectores de Discapacidade, Menores e Educación Infantil 0-3.

CCOO Ensino traslada ao PSdeG as reivindicacións pendentes do ensino e dos sectores socioeducativos

Nas últimas dúas semanas, CCOO Ensino mantivo dúas reunións co grupo parlamentario do PSdeG para abordar a situación do ensino público non universitario, do Persoal de Apoio Educativo, do persoal do ensino privado e concertado e dos sectores socioeducativos.

Valoración de inicio de curso 26-27

CCOO Ensino afronta este inicio de curso cun obxectivo claro: consolidar os avances conseguidos, garantir que se apliquen realmente e continuar negociando as melloras pendentes.
A prioridade segue sendo reforzar o ensino público, mellorar a atención á diversidade, dignificar o Persoal de Apoio Educativo e conseguir avances no ensino concertado e nos sectores socioeducativos.
A baixada do alumnado non pode ser unha escusa para reducir recursos, senón unha oportunidade para mellorar a calidade e a atención educativa.

CCOO Ensino denuncia despedimentos en “Down Vigo”

Nas últimas semanas, as persoas traballadoras de Down Vigo veñen alertando da grave crise de xestión e do progresivo deterioro das condicións laborais que se están a producir na entidade, unha situación que repercute moi negativamente na prestación do servizo ás persoas usuarias. Down Vigo leva xa tempo marcada por unha profunda crise económica que acabou provocando o despedimento de … Ler máis