O Goberno aproba a aplicación da suba salarial acordada do 4,5 % para 2027 ás empregadas e empregados públicos

O Goberno aproba a suba salarial do 4,5 % para 2027, pactada por CCOO no Acordo Marco. Explicamos cando se cobrará, sobre que retribucións se aplicará e que reivindicacións seguen pendentes.

CCOO Ensino presenta unha candidatura de 912 docentes coa aspiración de ser a referencia sindical do ensino público galego

As candidaturas das catro provincias reúnen profesorado de arredor de 480 centros educativos repartidos por 186 concellos galegos
Reivindicamos un modelo que combina mobilización, negociación e acción xurídica para transformar as demandas do profesorado en avances reais

CCOO Ensino esiximos máis transparencia e acceso á información nos concursos de provisión de postos e nas oposicións docentes

Coincidindo co inicio do prazo do Concurso Xeral de Traslados, desde CCOO Ensino presentamos unha reclamación ante a Consellería para esixir maior transparencia e acceso á información nos concursos de provisión de postos e nos procedementos selectivos docentes. Reclamamos garantías para defender os dereitos do profesorado e exercer eficazmente o noso labor de control sindical.

Toda a información da Mesa Sectorial do 29 de outubro

Hoxe, 29 de outubro de 2026, celebrouse a Mesa Sectorial docente non universitaria sobre o concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas e o concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación. Tamén se tratou o borrador da Orde de 2026 pola que se establecen os centros e os postos cualificados de especial dificultade. Consulta a intervención de CCOO Ensino e as respostas da Administración.

O Goberno confirma que a suba salarial do 4,5 % está garantida para máis de tres millóns de empregadas e empregados públicos

O Goberno confirma a suba salarial do 4,5 % para o persoal empregado público en 2027. CCOO esixe a aprobación urxente dun real decreto lei que garanta a súa aplicación desde xaneiro e o cumprimento do resto dos compromisos pactados.

CCOO urxe o Goberno a garantir a suba salarial acordada do 4,5 % para 2027 ás empregadas e empregados públicos

O sindicato dirixiuse ao ministro Óscar López para solicitar unha resposta expresa sobre o cumprimento do acordo entre Goberno e sindicatos respecto á suba salarial e outras materias