CCOO pide prudencia tras o pronunciamento do TXUE sobre o abuso de temporalidade no sector público e reclama unha resposta legal efectiva

A xustiza europea volve cuestionar que o ordenamento español dispoña de medidas realmente eficaces, disuasorias e proporcionadas fronte ao abuso na contratación temporal.
CCOO mantén que a solución de fondo esixe unha reforma normativa clara, que adapte plenamente o noso sistema ás esixencias do Dereito da Unión Europea.

Publicada a orde pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron as Oposicións 2023 de estabilización

Hoxe publícase no DOG a Orde do 27 de xuño de 2024 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022, anunciada mediante a Resolución do 12 de decembro, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no Diario Oficial de Galicia número 242, do 22 de decembro, e outros.