Toda a información da Mesa Sectorial do 29 de outubro

Hoxe, 29 de outubro de 2026, celebrouse a Mesa Sectorial docente non universitaria sobre o concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas e o concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación. Tamén se tratou o borrador da Orde de 2026 pola que se establecen os centros e os postos cualificados de especial dificultade. Consulta a intervención de CCOO Ensino e as respostas da Administración.

Toda a información da Mesa Sectorial sobre o Concurso xeral de traslados do 13 de outubro de 2026

Hoxe, 13 de outubro de 2026, celebrouse a Mesa Sectorial docente non universitaria sobre o concurso xeral de traslados. Consulta a intervención de CCOO Ensino e as respostas da Administración.

A finais de mes celebrarase unha nova mesa sobre os concursos de traslados de educación de persoas adultas e orientación do corpo de mestres, así como a actualización dos anexos de especial dificultade, que incluirá as aulas hospitalarias tras anos de reivindicacións de CCOO.

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF celebran o paso pola Mesa Sectorial das novas medidas de mellora do ensino público galego

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF valoramos positivamente o inicio do paso pola Mesa Sectorial das primeiras medidas derivadas da comisión de seguimento do Acordo de mellora do ensino público. As propostas permitirán aplicar novos avances no curso 2026/27.