O Goberno confirma a necesidade de poñer freo á privatización na FP, algo que xa denunciabamos no noso informe

Esiximos feitos: poñer freo á privatización e aos “chiringuitos” na FP privada. Valoramos as palabras do presidente do Goberno, pero hai que acelerar medidas coa comunidade educativa e acompañalas dun plan potente para reforzar a FP pública (presencial e en liña), garantindo igualdade de oportunidades, calidade e emprego digno.

O profesorado galego non merece este espectáculo

O que si merece é rigor, capacidade de traballo e de negociación para a consecución de obxectivos e unha unidade sindical real como a que levamos dous anos mantendo CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP. Seguimos traballando para desenvolver por completo o Acordo que asinamos.

Intervención de CCOO no Consello Galego da Formación Profesional do 26 de xuño de 2025

O xoves, 26 de xuño, CCOO participamos na sesión do Consello Galego da Formación Profesional. Presentamos a nosa posición sobre o proxecto de Decreto de ordenación da FP en Galicia. Na nosa intervención puxemos o foco en cinco cuestións estruturais que consideramos imprescindibles para garantir unha formación profesional ao servizo do interese público, da cohesión social e do desenvolvemento sostible.