11N FOLGA XERAL: Salarios – Vivenda – Prezos
CCOO e UGT chamamos os homes e as mulleres do noso país a mobilizarse por mellores salarios, por unha vivenda digna e polo control dos prezos ante unha inflación que lastra o noso poder adquisitivo.
CCOO e UGT chamamos os homes e as mulleres do noso país a mobilizarse por mellores salarios, por unha vivenda digna e polo control dos prezos ante unha inflación que lastra o noso poder adquisitivo.
Desde CCOO Ensino facemos unha valoración moi positiva da xornada de folga de hoxe. As organizacións sindicais convocantes ciframos nun 65 % o seguimento do paro, mentres que máis de 2.500 persoas se mobilizaron en Compostela, a pesar das condicións meteorolóxicas adversas.
CCOO reclama a negociación tanto dos principios xerais da normativa reguladora como dos criterios de avaliación do sexenio de transferencia
Convocada Mesa Sectorial para o vindeiro martes, 13 de outubro, para tratar o borrador da orde do concurso xeral de traslados do curso 2026-27.
CCOO e UGT chaman as persoas traballadoras a sumarse a esta campaña, nos centros de traballo e na rúa, e a secundar a folga xeral.
Denunciamos a falta de rigor da Xunta na elección de destinos do persoal estabilizado, tras publicar unha resolución con erros que terá que ser rectificada. Reclamamos información fiable, tempo suficiente e un procedemento claro e con garantías.
A Administración concede só tres días para realizar electronicamente unha elección de destinos para determinar o posto definitivo das persoas afectadas, despois de anos de atraso na resolución dos procesos de estabilización.
Curso de 50 horas sobre normativa, organización dos centros, atención á diversidade, protocolos, innovación educativa e avaliación en Educación Infantil e Primaria.
CCOO Ensino volveu situar no Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral, celebrado o 24 de setembro, varias das principais demandas que vimos trasladando en materia de prevención. A nosa intervención permitiu concretar compromisos e actuacións da Consellería, pero tamén puxo de manifesto importantes cuestións que seguen sen unha resposta suficiente.
Comeza hoxe, venres, 26 de setembro.