Acordo Marco para a mellora do emprego público e o servizo á cidadanía
CCOO asina este novo acordo para participar do seu seguimento e asegurar que se cumpre.
CCOO asina este novo acordo para participar do seu seguimento e asegurar que se cumpre.
A pesar das reiteradas peticións do noso sindicato, o Goberno de España non está a cumprir nin os seus compromisos nin o seu deber cos empregados e empregadas públicas. E é que dous meses despois de que o INE certificase o IPC de 2024, aínda non se levou ao Consello de Ministros e Ministras a orde para pagarnos o 0,5 % restante de incremento salarial correspondente a 2024. Un incremento que provén do acordo asinado por CCOO e UGT en outubro de 2022.
O aumento será efectivo unha vez quede publicado no BOE o acordo do Consello de Ministros.
Na reunión da Comisión Tripartita de Ensino Privado Concertado de Galicia abordáronse tres cuestións fundamentais que afectan moi directamente ás persoas traballadoras do ensino concertado de Galicia
Xa están dispoñibles as táboas salariais actualizadas para o persoal da ensinanza concertada con pagamento delegado. Inclúen un incremento do 2% nas retribucións, con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2024, . Este aumento aplícase a todos os conceptos salariais, de acordo co previsto para o ano 2024 no Acordo Marco para unha Administración do século XXI asinado por CCOO.
Ante o atraso no pagamento do incremento salarial do 2 %, que debería ser retroactivo desde xaneiro de 2024, CCOO Ensino contactou coa Dirección Xeral de Recursos Humanos para esixir a aplicación inmediata desta actualización salarial.