Inicio

Día de Rosalía de Castro 2026

Un ano máis, Galicia vístese de gala para celebrar o nacemento de Rosalía de Castro, a figura que puxo os alicerces da nosa literatura moderna e que segue a ser o corazón da nosa identidade cultural. Máis alá de ser a voz da “saudade” e da terra, Rosalía foi unha pioneira na defensa da xustiza social e dos dereitos das

Sen avances suficientes na negociación salarial: CCOO Ensino e as demais organizacións sindicais mantemos a presión

Negociación do VII Convenio Colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos. As catro organizacións sindicais na mesa defendemos a necesidade de proceder ao peche inmediato das táboas salariais correspondentes ao VII Convenio Colectivo, especialmente as do PAS e niveis non concertados: non se pode iniciar a negociación dun novo convenio sobre compromisos salariais pendentes do anterior. A representación patronal expuxo inicialmente unha proposta claramente inmobilista, consistente en non aplicar ningunha suba salarial nin en

Que non te enganen! CCOO defende as condicións laborais de todo o persoal docente

CCOO defende as condicións laborais de todo o persoal docente, tanto no ensino público como no concertado. Por iso, presentamos no Consello Escolar do Estado unha emenda ao informe do Anteproxecto de Lei para reducir a carga lectiva máxima: até 23 horas en Infantil e Primaria e 18 horas en Secundaria. Esta mellora foi incorporada ao informe preceptivo do órgano consultivo tras o debate na Comisión Permanente (9 de decembro de 2025) e quedou recollida no texto aprobado polo Pleno o 12 de febreiro de 2026. En CCOO seguimos traballando para que os avances cheguen a todo o profesorado, sen excepción.