
Valoración de inicio de curso 26-27
CCOO Ensino afronta este inicio de curso cun obxectivo claro: consolidar os avances conseguidos, garantir que se apliquen realmente e continuar negociando as melloras pendentes.
A prioridade segue sendo reforzar o ensino público, mellorar a atención á diversidade, dignificar o Persoal de Apoio Educativo e conseguir avances no ensino concertado e nos sectores socioeducativos.
A baixada do alumnado non pode ser unha escusa para reducir recursos, senón unha oportunidade para mellorar a calidade e a atención educativa.

«Non falamos de modelos educativos, falamos de dereitos laborais»
Na rolda de prensa de hoxe, na que se anunciou a folga do ensino concertado deste mércores 9 de setembro, desde CCOO Ensino deixamos claro que non falamos de modelos educativos, senón de dereitos laborais, igualdade salarial e cumprimento dos acordos asinados.

Cadros resumo dos horarios nas distintas etapas educativas – Curso 2026-2027
CCOO Ensino pon á túa disposición os seguintes cadros resumo da distribución da túa xornada laboral neste curso 2026-2027 segundo a etapa na que traballas como docente.





