CCOO Ensino consegue incorporar emendas clave á futura Lei de Educación Dixital de Galicia
CCOO Ensino fomos o sindicato que máis emendas presentou ao anteproxecto de Lei de Educación Dixital de Galicia no trámite do Consello Escolar de Galicia. En total, achegamos 78 emendas co obxectivo de mellorar unha norma que terá un impacto directo na organización dos centros, no traballo do profesorado, nos dereitos do alumnado e das familias e no funcionamento ordinario do sistema educativo.
