CCOO Ensino rexeita poñer baixo sospeita o persoal educativo de baixa

As recentes declaracións do conselleiro de Educación sobre as baixas do profesorado introducen un enfoque que desde CCOO Ensino consideramos profundamente desacertado. Vincular os problemas de cobertura de persoal que se producen, sobre todo, no inicio de curso coas incapacidades temporais esixe, como mínimo, rigor nos datos e unha explicación detallada das causas de cada ausencia.

Protocolo de acoso para o persoal docente no marco do Plan de Igualdade: envía as túas achegas

Pedimos achegas ao borrador do protocolo de acoso no marco do Plan de Igualdade do persoal docente. Un proceso que chega tarde, tras casos que tiveron que acabar na xustiza, e no que é clave garantir unha protección real do profesorado. Envíanos as túas propostas!

Que facer (e que non) durante unha baixa laboral

Estar de baixa laboral non implica quedar pechado na casa nin renunciar á vida cotiá. A baixa concédese para facilitar a recuperación, polo que se poden realizar todas aquelas actividades que non a prexudiquen e sempre seguindo as indicacións médicas. Pasear, facer exercicio moderado, manter vida social ou asistir a cursos alleos á empresa é posible se non atrasa a mellora. O que non está permitido é traballar, saltarse tratamentos ou realizar actividades imprudentes. En caso de dúbida, a recomendación é clara: consultar sempre co persoal médico que realiza o seguimento da baixa.

CCOO celebramos o acordo para ampliar os permisos por dó: “Facemos un exercicio de dignidade e humanidade”

A Mesa de Diálogo Social entre os sindicatos e o Goberno de España alcanzou un acordo para ampliar o tempo de permiso retribuído ata os 10 días en caso do falecemento dun familiar, e os dous novos permisos, de 15 días no caso de ter un familiar en coidados paliativos ou dun día para o acompañamento dunha persoa que decida someterse á eutanasia.