25N – Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Desde Comisións Obreiras denunciamos a persistencia das violencias contra as mulleres, que son a manifestación máis extrema e cruel da desigualdade entre mulleres e homes, unha creba intolerable nas nosas sociedades democráticas. E volvemos proclamar, como fixemos no último Congreso confederal: contra as violencias, todo.

25N: UN PASO ADIANTE POR ESPAZOS LABORAIS LIBRES DE VIOLENCIAS MACHISTAS

Fronte ás violencias contra as mulleres e ante un novo 25N, dende CCOO reiteramos, tamén na USC, o noso compromiso coa erradicación de calquera forma de violencia contra as mulleres e facemos un chamamento ás traballadoras e os traballadores e ao conxunto da cidadanía para combatelas ata a súa total eliminación, tanto dos centros de traballo como do conxunto da … Ler máis

Por que celebrar o Día Internacional da Nena?

Esta data pretende reivindicar a igualdade de xénero desde a infancia, garantir o acceso á educación de todas as nenas, a súa participación na sociedade e na toma de decisións, e erradicar prácticas como o matrimonio infantil, a violencia de xénero, a mutilación xenital, etc. Ser nena non debería determinar o que podes facer, onde podes ir ou en quen … Ler máis