Por que celebrar o Día Internacional da Nena?

Esta data pretende reivindicar a igualdade de xénero desde a infancia, garantir o acceso á educación de todas as nenas, a súa participación na sociedade e na toma de decisións, e erradicar prácticas como o matrimonio infantil, a violencia de xénero, a mutilación xenital, etc.

Ser nena non debería determinar o que podes facer, onde podes ir ou en quen te podes converter. Pero, agora mesmo, esa é a realidade para millóns de nenas en todo o mundo:

  • As nenas seguen sufrindo desvantaxes en cuestións vitais como a saúde, a educación, a participación política, as oportunidades económicas e unha longa lista, enfrontándose día a día a graves ameazas para o seu benestar e os seus dereitos.
  • Unhas dificultades que non fixeron senón empeorar debido ás crises concorrentes provocadas polo cambio climático e os conflitos humanitarios.
  • Más de 230 millóns de nenas e mulleres sufriron a mutilación xenital feminina.
  • Cada tres segundos unha nena casa nalgún lugar do mundo.
  • Unha de cada oito nenas e mulleres actualmente vivas sufriu violacións ou abusos sexuais antes dos 18 anos.
  • O embarazo adolescente é unha das principais causas de mortalidade entre as adolescentes.
  • En todo o mundo, as nenas de 5 a 14 anos dedican 160 millóns de horas diarias máis ao traballo doméstico e de coidados non remunerado que os nenos da mesma idade. Esta distribución desigual do traballo non remunerado intensifícase na adolescencia.
  • Case una de cada cinco nenas segue sen rematar o primeiro ciclo de Secundaria e case catro de cada dez non rematan o segundo ciclo.
  • Ao redor do 90 % das adolescentes e mulleres novas non utilizan Internet nos países de renda baixa, mentres que os seus compañeiros homes teñen o dobre de probabilidades de acceder a ela.

Desde a Federación de Ensino de CCOO lembramos a importancia da coeducación desde as primeiras etapas educativas, así como a necesidade de dotar os recursos persoais adecuados para impartir unha educación en igualdade, e garantir unha equidade efectiva e real. No mundo hai máis de 600 millóns de nenas adolescentes de 10 a 19 anos, que cos recursos, oportunidades e apoio necesarios poderán converterse nunha xeración de mulleres líderes e axentes de cambio sen precedentes. Non podemos fallarlles!