En marzo de 2023, unha serie de modificacións lexislativas fixo obrigatorio modificar o “Acordo de interinos/as” para adaptalo ao novo marco lexislativo laboral (Real Decreto-lei 32/2021), á Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e aos cambios introducidos pola nova Lei Orgánica 3/2022, de 31 de marzo, de ordenación e integración da Formación Profesional.
O asinamento da addenda produciuse por consenso das organizacións sindicais asinantes (CCOO, ANPE, UGT-SP Ensino e CSIF-Ensino) e logrouse o obxectivo principal: o mantemento das listas estables de forma indefinida, tal e como viña defendendo CCOO dende o principio.
Mentres outras posicións sindicais afirmaban que a Consellería presentaba unha proposta de addenda que ían aprobar sen cambios, CCOO fixo achegas que finalmente melloraron o texto presentado pola Consellería. Este acordo demostra a necesidade de negociar para conseguir melloras para os colectivos que representamos.
Normativa
- Addenda do Acordo de persoal interino e substituto (11/02/2026)
- Texto refundido do Acordo de Interinos/as (10/05/2023)
- Corrección de erros do texto refundido do Acordo de Interinos/as (16/05/2023)
- Resolución do acordo para a sinatura da addenda no DOG (13/04/2023)
- Addenda ao Acordo do 20 de xuño de 1995 (31/03/2023)
