Rueda presume de «ensino de calidade» mentres ignora as condicións laborais do persoal da concertada

Desde CCOO Ensino cualificamos de provocación que Alfonso Rueda inaugurase o curso nun centro concertado falando de calidade educativa mentres a Xunta segue sen dar resposta ás reivindicacións laborais dun sector que vén de mobilizarse o 9 de setembro.

As traballadoras e traballadores do ensino concertado dicimos basta: a mobilización non fixo máis que comezar

A folga do ensino concertado galego supera o 60 % de seguimento e leva milleiros de persoas ás rúas. As organizacións sindicais advirten á Xunta de que a mobilización continuará mentres persista o bloqueo da negociación e non se atendan as reivindicacións laborais e salariais do sector.

Valoración de inicio de curso 26-27

CCOO Ensino afronta este inicio de curso cun obxectivo claro: consolidar os avances conseguidos, garantir que se apliquen realmente e continuar negociando as melloras pendentes.
A prioridade segue sendo reforzar o ensino público, mellorar a atención á diversidade, dignificar o Persoal de Apoio Educativo e conseguir avances no ensino concertado e nos sectores socioeducativos.
A baixada do alumnado non pode ser unha escusa para reducir recursos, senón unha oportunidade para mellorar a calidade e a atención educativa.

«Non falamos de modelos educativos, falamos de dereitos laborais»

Na rolda de prensa de hoxe, na que se anunciou a folga do ensino concertado deste mércores 9 de setembro, desde CCOO Ensino deixamos claro que non falamos de modelos educativos, senón de dereitos laborais, igualdade salarial e cumprimento dos acordos asinados.

Carta aberta a toda a comunidade educativa da ensinanza concertada de Galicia

A comunidade educativa do ensino concertado de Galicia inicia o curso reclamando á Consellería a apertura inmediata da Mesa Tripartita, o cumprimento dos acordos pendentes e a homologación das condicións laborais e salariais. As organizacións sindicais anunciamos mobilizacións, unha folga parcial e concentracións o 9 de setembro.

Trasladámoslle ao conselleiro as reivindicacións do persoal do ensino concertado

CCOO Ensino trasladamos ao conselleiro de Educación as reivindicacións do persoal do ensino concertado no Encontro de Educadoras e Educadores celebrado en Santiago.

Reclamamos que a redución da xornada lectiva e das ratios chegue tamén ao persoal do ensino concertado

CCOO Ensino reclamamos que a redución da xornada lectiva e das ratios chegue tamén ao persoal do ensino concertado. A Federación de enseñanza de CCOO rexistrou unha petición para que estes avances se estendan a todos os centros sostidos con fondos públicos.

A educación é un dereito, non un mercado

As declaracións do sindicato FSIE sobre a concertación do Bacharelato evidencian dúas formas diferentes de entender a educación. CCOO consideramos que a ampliación dos concertos educativos debe responder a necesidades reais do sistema e non a unha extensión automática do financiamento público en etapas non obrigatorias. A nosa posición ten base legal. O artigo 27.4 da Constitución establece que a … Ler máis

Mesa Negociadora do VIII Convenio Colectivo de Ensino Concertado. Clasificación profesional

Defendemos na Mesa Negociadora do VIII Convenio da concertada unha clasificación profesional que recoñeza os postos de traballo reais presentes nos centros e evite fórmulas de flexibilidade que poidan derivar en precariedade ou ampliación de funcións.

A mesa negociadora do Convenio de ensino concertado céntrase na clasificación profesional

A mesa negociadora do Convenio de ensino concertado abordou a actualización da clasificación profesional. CCOO defende unha proposta que adapte o convenio á realidade dos centros, recoñeza novas categorías, garanta dereitos e mellore o recoñecemento das funcións e retribucións do sector.