A Xunta presume de coidar o ensino concertado, pero esquece a quen o sostén

CCOO Ensino denunciamos que a Xunta presume de apoiar o ensino concertado mentres mantén bloqueadas as melloras salariais e laborais das súas profesionais. Esiximos que o financiamento público garanta condicións dignas e que a Administración deixe de confrontar as traballadoras dos distintos ámbitos educativos e sociais.

Negociación do convenio do ensino concertado: é o momento

A federación estatal de ensino de CCOO organizou unhas xornadas sindicais de traballo con presenza de representantes de todos os territorios do Estado, co fin de realizar unha análise de situación, necesidades, perspectivas e propostas de traballo no ámbito do ensino concertado.