Mesa Negociadora do VIII Convenio Colectivo de Ensino Concertado. Clasificación profesional

Defendemos na Mesa Negociadora do VIII Convenio da concertada unha clasificación profesional que recoñeza os postos de traballo reais presentes nos centros e evite fórmulas de flexibilidade que poidan derivar en precariedade ou ampliación de funcións.

O ensino concertado concéntrase na Consellería en prol das súas xustas e lexítimas reivindicacións

O ensino concertado inicia mobilizacións ante a falta de avances na Comisión Tripartita e reclama á Consellería a apertura inmediata de negociacións sobre condicións laborais e melloras salariais para o PAS.

Presentamos na Consellería as reivindicacións da Concertada

Consideramos imprescindible desbloquear a negociación no ensino concertado. Tras unha reunión sen avances, entregamos na Consellería de Educación e rexistramos oficialmente un documento coas principais reivindicacións do sector: actualización das condicións laborais, melloras na xubilación parcial e recoñecemento para o persoal de administración e servizos. Exiximos un cambio de actitude e a apertura inmediata dun proceso de negociación real.

Negociación do convenio do ensino concertado: é o momento

A federación estatal de ensino de CCOO organizou unhas xornadas sindicais de traballo con presenza de representantes de todos os territorios do Estado, co fin de realizar unha análise de situación, necesidades, perspectivas e propostas de traballo no ámbito do ensino concertado.

Recoñecida a carreira profesional horizontal do persoal investigador e de apoio da USC

A USC recoñece por primeira vez a carreira profesional horizontal do persoal investigador e de apoio á investigación, un colectivo de arredor de 700 persoas. O acordo, impulsado por CCOO na Mesa Xeral de Negociación, permitirá o acceso a catro graos progresivos segundo antigüidade e méritos, con complementos salariais equivalentes aos da administración autonómica.