Folga xeral do 11 de novembro: coñece os teus dereitos

O 11 de novembro está convocada unha folga xeral de 24 horas. Desde CCOO explicamos os dereitos do persoal universitario antes, durante e despois da xornada: comunicación previa, servizos mínimos, teletraballo, piquetes informativos, descontos salariais e protección fronte ás represalias.

Folga xeral do 11 de novembro

CCOO chama a comunidade universitaria a secundar a folga xeral do 11 de novembro para reclamar salarios dignos, vivenda accesible, emprego estable e de calidade, financiamento suficiente para as universidades públicas e uns servizos públicos que garantan a igualdade de oportunidades.

Fonte: Santi Alvite. USC.

CCOO asinamos o acordo que recupera a xubilación parcial anticipada do PTXAS laboral da USC

CCOO asinamos o acordo que recupera a xubilación parcial anticipada do PTXAS laboral fixo da USC. O persoal poderá acceder a esta modalidade ata tres anos antes da idade ordinaria de xubilación, cunha redución de xornada de ata o 75 %.

Recoñecida a carreira profesional horizontal do persoal investigador e de apoio da USC

A USC recoñece por primeira vez a carreira profesional horizontal do persoal investigador e de apoio á investigación, un colectivo de arredor de 700 persoas. O acordo, impulsado por CCOO na Mesa Xeral de Negociación, permitirá o acceso a catro graos progresivos segundo antigüidade e méritos, con complementos salariais equivalentes aos da administración autonómica.