O dereito ao pagamento de sexenios do PDI a tempo parcial
CCOO avanza no recoñecemento dos dereitos económicos da avaliación positiva da actividade investigadora do PDI funcionario e laboral a tempo parcial
CCOO avanza no recoñecemento dos dereitos económicos da avaliación positiva da actividade investigadora do PDI funcionario e laboral a tempo parcial
Tras máis dun ano de paralización, vólvese reunir a mesa de negociación. O xoves 25 de setembro celebrouse unha reunión no Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU) para retomar, unha vez máis, a negociación do Estatuto do PDI.
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades reactiva as mesas de negociación do Estatuto do PDI e da Comisión de traballo para establecer o incremento do gasto público para acadar o obxectivo do 1% do PIB destinado ao financiamento público das universidades públicas.
A USC recoñece por primeira vez a carreira profesional horizontal do persoal investigador e de apoio á investigación, un colectivo de arredor de 700 persoas. O acordo, impulsado por CCOO na Mesa Xeral de Negociación, permitirá o acceso a catro graos progresivos segundo antigüidade e méritos, con complementos salariais equivalentes aos da administración autonómica.
O martes, 4 de xuño, celebrouse a segunda reunión de negociación do Estatuto do PDI. O Ministerio tomou nota das modificacións propostas sobre o Estatuto, mostrou estar de acordo coa maioría delas e concretaranse os cambios na próxima reunión.
CCOO reclama abordar de forma integral a realidade do persoal docente e investigador das universidades públicas.
Na última reunión do grupo de traballo para o desenvolvemento da LOSU, celebrada o 15 de febreiro, discutíronse propostas clave para loitar contra a precariedade e a temporalidade nas universidades públicas españolas. CCOO destaca a necesidade de accións concretas que garantan condicións de traballo dignas e estables para o persoal docente e investigador, subliñando a importancia dun financiamento adecuado e unha xestión responsable por parte de todas as partes implicadas para mellorar a calidade do servizo público universitario.