Acádase un acordo no seo da Conferencia Xeral de Política Universitaria que permite desbloquear o financiamento do programa María Goyri para as universidades públicas

CCOO esixe responsabilidade institucional para garantir o financiamento das universidades públicas e a estabilidade das 3.400 prazas de profesorado axudante doutor do Programa María Goyri.

19 anos agardando un estatuto do persoal docente e/ou investigador universitario

CCOO esiximos ao Ministerio que cumpra a lei e reactive de inmediato a negociación do Estatuto do PDI, paralizada pola falta de vontade política malia os prazos legais establecidos.

CCOO esiximos ao Goberno que destine o 1 % do PIB ao financiamento das universidades públicas

CCOO reclamamos ao Goberno e ás comunidades autónomas un plan real de financiamento para garantir que as universidades públicas reciban, como mínimo, o 1 % do PIB antes de 2030, tal e como establece a LOSU.

O financiamento das universidades públicas: unha historia de incumprimentos

CCOO esíxelle ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades que cumpra a LOSU e garanta, polo menos, o 1 % do PIB para o financiamento das universidades públicas Sen financiamento suficiente non hai universidade pública. Supoñíase que o artigo 55 da Lei orgánica 2/2023 do Sistema Universitario (LOSU) abordaba esta necesidade cando establece que: Esta obriga legal non é só … Ler máis

O Goberno español recolle o guante do recurso de inconstitucionalidade contra a Lei 1/2026 universitaria para Andalucía (LUPA) presentado por CCOO

CCOO solicitou ao Defensor do Pobo a presentación dun recurso de inconstitucionalidade contra a Lei universitaria para Andalucía. O Goberno español abre agora a vía bilateral coa Xunta de Andalucía ao apreciar posibles problemas de constitucionalidade na norma.

O número de universidades privadas supera por primeira vez o de públicas

Por primeira vez, o sistema universitario español contará con máis universidades privadas ca públicas no curso 2026-27. Analizamos o caso da nova Universidade de Mallorca e advertimos dun cambio de modelo que favorece a mercantilización da educación superior, nun contexto de infrafinanciamento da universidade pública e de falta de control efectivo na creación de novos centros.