Comezar con bo pé: claves para a xestión eficaz do departamento de orientación

Abrimos a preinscrición no curso “Comezar con bo pé”, unha formación de 50 horas en Moodle para acompañar o profesorado que se incorpora á xefatura dun departamento de orientación.

Presente e futuro: claves para a túa carreira docente

Abrimos a preinscrición no curso “Presente e futuro”, unha formación de 40 horas en Moodle para coñecer aspectos clave da carreira docente, a mobilidade e as condicións laborais.

O Goberno español recolle o guante do recurso de inconstitucionalidade contra a Lei 1/2026 universitaria para Andalucía (LUPA) presentado por CCOO

CCOO solicitou ao Defensor do Pobo a presentación dun recurso de inconstitucionalidade contra a Lei universitaria para Andalucía. O Goberno español abre agora a vía bilateral coa Xunta de Andalucía ao apreciar posibles problemas de constitucionalidade na norma.

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF celebran o paso pola Mesa Sectorial das novas medidas de mellora do ensino público galego

CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF valoramos positivamente o inicio do paso pola Mesa Sectorial das primeiras medidas derivadas da comisión de seguimento do Acordo de mellora do ensino público. As propostas permitirán aplicar novos avances no curso 2026/27.

A Lei sobre xornada lectiva e ratios inicia o seu trámite parlamentario

A Lei sobre a xornada lectiva do profesorado e as ratios inicia o seu trámite parlamentario tras a súa aprobación no Consello de Ministras e Ministros. Trátase dun avance relevante, froito da presión e do traballo negociador de CCOO, aínda que insuficiente: seguimos reclamando un Estatuto Docente integral que mellore as condicións laborais e o recoñecemento do profesorado.

Convocamos a todas as traballadoras e traballadores do primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3) a unha folga en todo o estado o 7 de maio

Esta folga será o punto de partida dunha serie de mobilizacións que confluirán en Madrid o vindeiro 23 de maio. As Federacións estatais de Ensino e de Servizos á Cidadanía de CCOO presentamos en conferencia de prensa un plan de mobilizacións de ámbito estatal para o primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3 anos), tanto nos centros de carácter privado como … Ler máis

Décadas de loita e conquistas a prol do persoal de apoio educativo

CCOO Ensino reivindicamos décadas de loita e conquistas a prol do persoal de apoio educativo, cunha traxectoria de avances reais acadados mediante negociación, mobilización e defensa xudicial.

Ao mesmo tempo, esiximos á Consellería a apertura inmediata dunha mesa específica para abordar ratios, funcións, condicións laborais e recoñecemento profesional dun colectivo esencial para o funcionamento dos centros educativos.

A Consellería de Educación debe abrir xa unha mesa de negociación para o persoal non docente

O persoal non docente é imprescindible para o funcionamento dos centros educativos, pero continúa sen o recoñecemento nin as condicións laborais que lle corresponden. CCOO Ensino presentamos por rexistro a solicitude de apertura dunha mesa de negociación para abordar de forma global as súas demandas e adaptar as condicións á realidade actual dos centros.

Que non te enganen! CCOO defende as condicións laborais de todo o persoal docente

CCOO defende as condicións laborais de todo o persoal docente, tanto no ensino público como no concertado. Por iso, presentamos no Consello Escolar do Estado unha emenda ao informe do Anteproxecto de Lei para reducir a carga lectiva máxima: até 23 horas en Infantil e Primaria e 18 horas en Secundaria. Esta mellora foi incorporada ao informe preceptivo do órgano consultivo tras o debate na Comisión Permanente (9 de decembro de 2025) e quedou recollida no texto aprobado polo Pleno o 12 de febreiro de 2026. En CCOO seguimos traballando para que os avances cheguen a todo o profesorado, sen excepción.