Décadas de loita e conquistas a prol do persoal de apoio educativo

CCOO Ensino reivindicamos décadas de loita e conquistas a prol do persoal de apoio educativo, cunha traxectoria de avances reais acadados mediante negociación, mobilización e defensa xudicial.

Ao mesmo tempo, esiximos á Consellería a apertura inmediata dunha mesa específica para abordar ratios, funcións, condicións laborais e recoñecemento profesional dun colectivo esencial para o funcionamento dos centros educativos.

A Consellería de Educación debe abrir xa unha mesa de negociación para o persoal non docente

O persoal non docente é imprescindible para o funcionamento dos centros educativos, pero continúa sen o recoñecemento nin as condicións laborais que lle corresponden. CCOO Ensino presentamos por rexistro a solicitude de apertura dunha mesa de negociación para abordar de forma global as súas demandas e adaptar as condicións á realidade actual dos centros.