Actualiza os teus datos de afiliación

Por que é importante manter os teus datos actualizados?

  • Coñecer a túa situación laboral particular permítenos asignarte a unha comarca ou permanente sindical de referencia
  • Persoal laboral, substituto, interino, funcionario ou xubilado poden ter en moitos casos intereses, preocupacións ou necesidades diferentes
  • Cos distintos concursos de traslados, procesos de estabilización, permutas, comisións de servizo, etc. resulta moi complexo ter “localizada” a toda a afiliación, por iso demandamos a túa axuda
  • Se sabemos en que centro estás, podemos notificarche con antelación as visitas e asembleas que fagamos
  • Se a túa situación laboral cambiou, podes solicitar actualizar a túa cota de afiliación
  • Podes comunicarnos cambios de colectivo, de centro de traballo, de domicilio, de conta bancaria, situacións de incapacidade temporal ou permanente, permisos por nacemento ou lactación, etc.
  • Con esta información seremos máis eficaces e poderemos atenderte mellor!

Cubre o seguinte formulario:

Cambiaches de situación laboral? Mudaron os teus datos de contacto ou os do centro de traballo? Cambiaron os datos da túa conta bancaria? Indícanos os novos datos no seguinte campo.
Indica algunha vía de contacto para a resolución de posibles dúbidas.