CCOO Ensino denuncia que a Xunta converte a Educación Infantil 0-3 nun negocio e rexeita apostar pola súa calidade

CCOO Ensino critica con dureza a deriva da Consellería de Política Social, que volve demostrar que a súa prioridade non é mellorar o primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3), senón protexer o actual modelo de financiamento da rede privada subvencionada, mesmo a costa da calidade educativa, das condicións laborais das traballadoras e do interese superior da infancia.

As escolas infantís municipais da Coruña non poden sosterse sobre traballo gratuíto nin sobre a precarización das condicións laborais das traballadoras

CCOO Ensino rexeitamos a cláusula dos pregos das escolas infantís municipais da Coruña que permite ás empresas ofertar actividades de fin de semana sen custo para o Concello, utilizando persoal das propias escolas. Esiximos a súa retirada e defendemos un modelo baseado no investimento público, no emprego digno e na calidade educativa.

O 0-3 sae á rúa para esixir condicións dignas, recoñecemento e solucións

CCOO participou na concentración convocada no marco da folga estatal do primeiro ciclo de Educación Infantil para reclamar condicións laborais dignas, recoñecemento profesional e unha aposta real por unha etapa educativa pública, gratuíta e de calidade.

Desde CCOO denunciamos o carácter abusivo e desproporcionado dos servizos mínimos impostos para a xornada do 7 de maio

Unha vez máis, as distintas administracións públicas, independentemente da súa cor política, confunden «servizos esenciais» co mantemento da actividade escolar ordinaria. A imposición de servizos mínimos que alcanzan o 50 % en comunidades como Castilla-La Mancha ou Extremadura, ou dunha educadora por unidade en Murcia e Castilla y León non busca protexer a seguridade dos menores, senón desactivar o impacto da … Ler máis

Convocamos a todas as traballadoras e traballadores do primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3) a unha folga en todo o estado o 7 de maio

Esta folga será o punto de partida dunha serie de mobilizacións que confluirán en Madrid o vindeiro 23 de maio. As Federacións estatais de Ensino e de Servizos á Cidadanía de CCOO presentamos en conferencia de prensa un plan de mobilizacións de ámbito estatal para o primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3 anos), tanto nos centros de carácter privado como … Ler máis

Seguimos loitando por avances reais para as traballadoras do 0-3

Denunciamos a situación límite que atravesa o primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3), marcado por ratios elevadas, salarios precarios e falta de recoñecemento profesional. Reclamamos condicións laborais dignas para as traballadoras dun sector esencial para o sistema educativo e lembramos que sen un 0-3 de calidade non pode existir unha educación verdadeiramente xusta.