Xubilacións polo Réxime de Clases Pasivas (RCP)

Revista TE 2026 de xubilacións polo Réxime de Clases Pasivas

Toda a información sobre a xubilación para o persoal funcionario docente que ingresou na función pública antes do 1 de xaneiro de 2011.

Simulador de xubilación de Clases Pasivas

Este servizo permite simular a idade coa que te podes xubilar e a contía aproximada. Permite simular situacións futuras tendo en conta os datos e cotizacións realizadas ata o día de hoxe.