InfórmaTE 2024 de xubilacións polo Réxime Xeral da Seguridade Social (RXSS)
Toda a información sobre a xubilación para PSEC da Consellería de Educación, persoal funcionario docente interino, persoal funcionario docente que ingresou na función pública dende o 1 de xaneiro de 2011, persoal laboral das Universidades e traballadores e traballadoras dos centros privados e concertados.
Cadro resumo de todos os períodos transitorios
Preme no cadro resumo para visualizar todos os períodos transitorios do sistema de xubilación polo Réxime Xeral da Seguridade Social (RXSS).
Calculadora de retencións do IRPF 2023
Calculadora de IRPF da Axencia Tributaria para coñecer o efecto da reforma fiscal sobre o salario e a variación que sufrirá nos próximos anos.
Simulador virtual de xubilación
Este servizo permite simular a idade coa que te podes xubilar e a contía aproximada. Permite simular situacións futuras tendo en conta os datos e cotizacións realizadas ata o día de hoxe.
O acceso débese facer con Cl@ve Permanente, DNI-E ou certificado dixital.
Que permite realizar? Simular a data de acceso á xubilación e a contía da pensión.
A ter en conta: A simulación realízase tendo e conta a información real da persoa solicitante que consta nas bases de datos da Seguridade Social na data da simulación. Máis alá de dita data, o sistema proxecta a situación actual ata a data de xubilación ou ben permite que o usuario contemple distintos escenarios (alta noutro Réxime, desemprego, cambio de base cotización…).
Normativa
- Real Decreto-ley 8/2023, de 27 de diciembre, por el que se adoptan medidas para afrontar las consecuencias económicas y sociales derivadas de los conflictos en Ucrania y Oriente Próximo, así como para paliar los efectos de la sequía (Artigos 78 e 80)
- Real Decreto 1058/2022, de 27 de decembro, sobre revalorización das pensións do sistema da Seguridade Social, das pensións de Clases Pasivas e doutras prestacións sociais públicas para o exercicio 2023
- Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social
- Lei 70/1978, de 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración Pública