Aviso legal

1 – ASPECTOS XERAIS

Le atentamente o seguinte aviso legal relativo ao sitio web da Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia e, se tes calquera cuestión relativa ao mesmo non dubides en contactar con nós a través do apartado Contacto.

A FEDERACION DE ENSEÑANZA DE COMISIONES OBRERAS, con CIF G78427002, xestiona os contidos do sitio web ccooensino.gal con domicilio social para estes efectos na Rúa Albasanz, 3, 2ª planta – 28037 (Madrid).

Aceptación e vixencia das condicións xerais e particulares

A navegación nesta páxina web atribúeche a condición de persoa usuaria e supón a túa aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das Condicións Xerais e, no seu caso, Particulares vixentes no momento en que como Usuario accedas á páxina Web.

A Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia resérvase o dereito para ampliar e modificar unilateralmente, en calquera momento e sen previo aviso, a presentación, configuración e contidos da páxina web, así como suspender temporalmente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos do sitio web, da mesma forma.

2 – CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB

2.1 – Obrigacións de uso

Con carácter xeral, como persoa usuaria obrígaseche ao cumprimento das presentes condicións e termos de uso, e a obrar sempre conforme á lei, aos bos costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia adecuada á natureza do servizo do que gozas e absténdote de utilizar o presente sitio web de calquera forma que poida impedir, danar ou deteriorar o normal funcionamento do mesmo, os bens ou dereitos do titular FEDERACION DE ENSEÑANZA DE COMISIONES OBRERAS, do resto de persoas usuarias ou, en xeral, de calquera terceiro.

En particular, e sen que iso implique restrición algunha á obriga asumida pola persoa usuaria con carácter xeral de conformidade co apartado anterior, como persoa usuaria obrígaseche, na utilización do presente sitio web a:

  • No caso de que se che facilite, debes custodiar adecuadamente o “Nome de Usuario” e o “Contrasinal” que che sexa facilitada pola Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia como elementos identificadores e habilitadores para o acceso aos distintos servizos ofrecidos no sitio web, comprometéndote a non ceder o seu uso nin a permitir o acceso a eles de terceiros, asumindo a responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen derivarse dun uso indebido dos mesmos.
  • Non introducir, almacenar ou difundir en ou desde o sitio web, calquera información ou material que fose difamatorio, inxurioso, obsceno, ameazador, xenófobo, incite á violencia, á discriminación por razón de raza, sexo, ideoloxía, relixión ou que de calquera forma atente contra a moral, a orde pública, os dereitos fundamentais, as liberdades públicas, a honra, a intimidade ou a imaxe de terceiros e, en xeral, que vulnere a normativa vixente española e do seu país de residencia.
  • Non introducir, almacenar ou difundir mediante o sitio web ningún programa de computador, datos, virus, código, ou calquera outro ficheiro que sexa susceptible de causar danos ou calquera tipo de alteración no sitio web, en calquera dos servizos, ou en calquera dos equipos, sistemas ou redes da Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia ou de calquera persoa usuaria, ou en xeral de calquera terceiro, que poida impedir o normal funcionamento dos mesmos.
  • Non destruír, alterar, utilizar para o seu uso, inutilizar ou danar os datos, informacións, programas, documentos electrónicos, ou, en xeral, os ficheiros, da Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia, das persoas usuarias ou de terceiros.

A Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia poderá, en todo momento e sen previo aviso, modificar as presentes Condicións Xerais, así como as Condicións Particulares que, no seu caso, se inclúan, mediante a publicación das devanditas modificacións no sitio web co fin de que poidan ser coñecidas polas persoas usuarias.

2.2 – Exoneración de responsabilidade

A Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia non será responsable:

  • Con carácter xeral, respecto do uso inadecuado do seu sitio web. As persoas usuarias deben realizar un uso adecuado do mesmo, de acordo coas condicións e termos anteriores, sen que ningunha responsabilidade poida ter o titular pola utilización indebida.
  • Respecto de posibles deficiencias técnicas. A Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia non será responsable en ningún caso das alteracións no servizo que se produzan por fallos na rede eléctrica, na rede de conexión de datos, no servidor ou en calquera prestacións.
  • Respecto ao acceso por terceiros ao seu sistema. A Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia adoptará as cautelas técnicas necesarias a fin de protexer os datos e información á que se accede, pero sen que sexa responsable de actuacións de terceiros que, vulnerando as medidas de seguridade establecidas, accedan aos citados datos.
  • A Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia inviste constantemente en medios tecnolóxicos que tentan minimizar o risco de virus e software similar, e contidos non autorizados nos seus sistemas de información. A pesar diso, es consciente de que debes adoptar as túas propias medidas orientadas a minimizar os danos ocasionados por software non autorizado, virus, troyanos e calquera clase do software denominado malware, eximindo á Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia de toda responsabilidade que puidese derivarse da contención de malware nos tratamentos habilitados na presente web.

2.3 – Utilización de hiperenlaces

A persoa usuaria da internet que queira introducir ligazóns desde as súas propias webs á páxina web deberá cumprir coas condicións que se detallan a continuación sen que o descoñecemento das mesmas evite as responsabilidades derivadas da Lei.

A ligazón unicamente vinculará coa páxina principal da páxina web pero non poderá reproducila de ningún xeito (enlaces en liña, copia dos textos, gráficos, etc.). Queda en todo caso prohibido, de acordo coa lexislación aplicable e vixente en cada momento, establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan á páxina web ou permitan a visualización dos contidos a través de enderezos da internet distintos ao da páxina web e, en calquera caso, cando se visualicen conxuntamente con contidos alleos á páxina web de forma que: (I) produza, ou poida producir, erro, confusión ou engano nos usuarios sobre a verdadeira procedencia do servizo ou contidos; (II) supoña un acto de comparación ou imitación desleal; (III) sirva para aproveitar a reputación da marca e prestixio da Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia; ou (IV) de calquera outra forma resulte prohibido pola lexislación vixente.

Non se realizarán desde a páxina que introduce a ligazón ningún tipo de manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia, a súa dirección, empregados, clientes ou sobre a calidade dos servizos que presta.

En ningún caso se expresará na páxina onde se sitúe a ligazón que  a Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia prestou o seu consentimento para a inserción da ligazón ou que doutra forma patrocina, colabora, verifica ou supervisa os servizos do remitente.

Está prohibida a utilización de calquera marca denominativa, gráfica ou mixta ou calquera outro signo distintivo da Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia dentro da páxina do remitente salvo nos casos permitidos pola lei ou expresamente autorizados pola Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia e sempre que se permita, nestes casos, unha ligazón directa coa páxina web na forma establecida nesta cláusula.

A páxina que estableza a ligazón deberá cumprir fielmente coa lei e non poderá en ningún caso dispoñer ou enlazar con contidos propios ou de terceiros que: (I) sexan ilícitos, nocivos ou contrarios á moral e aos bos costumes (pornográficos, violentos, racistas etc.); (II) induzan ou poidan inducir na persoa usuaria a falsa concepción de que a Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia subscribe, apoia, adhírese ou de calquera xeito apoia as ideas, manifestacións ou expresións, lícitas ou ilícitas, do remitente; (III) resulten inapropiados ou non pertinentes coa actividade en atención ao lugar, contidos e temática da páxina web do remitente. Igualmente, a persoa usuaria abstense de incluír na páxina web calquera hiperenlace (en diante, “link”) dirixido a unha páxina web que conteña información ou contidos ilícitos, contrarios á moral e bos costumes xeralmente aceptadas, e á orde pública.

2.4 – Propiedade intelectual e industrial

Os contidos publicados nesta web están suxeitos a unha licenza Creative Commons (CC BY-NC-ND) que permite copiar e redistribuír o material en calquera medio ou formato sempre e cando se respecten os principios de atribución, uso non comercial e mantemento do deseño orixinal (non creación de obras derivadas).

Pode consultarse todo o relativo a esta licenza no seguinte enlace:

2.5 –  Xurisdición e lexislación aplicable

Os termos e condicións que rexen este portal web e todas as relacións que puidesen derivarse atópanse salvagardados pola lexislación española.

Calquera controversia que puidese derivarse do acceso ou a utilización deste portal web será de competencia dos tribunais da cidade de Madrid.