
EN MARCHA AS NOTIFICACIÓNS DA CARREIRA 2026
➡️ A USC comezou finalmente a remitir, a través da sede electrónica, as resolucións individualizadas da convocatoria de Carreira Horizontal 2026 para o persoal PTXAS funcionario e laboral de Capítulo I ✅ A esta convocatoria podíanse acoller tanto as persoas non o solicitaron anteriormente como as que en 2025 cumpriron os requisitos para acceder a un novo grao na súa carreira

CCOO-USC SOLICITA INFORMACIÓN DETALLADA SOBRE A EXECUCIÓN DOS ORZAMENTOS DESTINADOS AO PERSOAL
Desde CCOO-USC vimos de solicitar á Xerencia información detallada sobre a execución orzamentaria das partidas destinadas ás accións e plans de mellora, recollidas nos orzamentos dos exercicios de 2025 e 2026. Esta iniciativa de CC.OO ten como finalidade coñecer o grao real de execución e o destino efectivo dos fondos comprometidos, ante os reparos que se están a poñer ao

11N FOLGA XERAL: Salarios – Vivenda – Prezos
CCOO e UGT chamamos os homes e as mulleres do noso país a mobilizarse por mellores salarios, por unha vivenda digna e polo control dos prezos ante unha inflación que lastra o noso poder adquisitivo.

📢 IMPORTANTE: RECOÑECEMENTO DE TRIENIOS DO PERSOAL INVESTIGADOR
A partir do 1 de outubro de 2026, a USC realizará de oficio o recoñecemento dos novos trienios ao persoal que xa teña recoñecido o primeiro, e cumpra os requisitos para perfeccionar o seguinte, sen necesidade de presentar solicitude. ✅ Os trienios recoñecidos incorporaranse á nómina con efectos económicos desde o 1 de novembro de 2026. 📌 Só será necesario presentar solicitude nos seguintes

CCOO LOGRA POR FIN O DESBLOQUEO DA XUBILACIÓN PARCIAL PARA O PERSOAL LABORAL
O Goberno aprobou este luns 29 de xuño un Real decreto-Lei negociado con CC.OO que permite recuperar a xubilación parcial do persoal laboral das administracións públicas, poñendo fin a máis dun ano de bloqueo que impedía o acceso a este dereito a milleiros de traballadoras e traballadores do sector público. Esta medida afecta a un colectivo de arredor de 700.000
