Solicitudes

Recoñecemento do tempo de servizo militar ou prestación social substitutoria e do servizo social da muller ao Persoal Docente e Investigador e Persoal de Administración e Servizos para os efectos da perfección de trienios

Acordo do Consello de Goberno do 7 de febreiro de 2020

As persoas que queiran solicitar este recoñecemento terán que presentar unha solicitude dirixida ao Servizo de Xestión de Persoal e acompañala dunha certificación do ministerio competente, na que consten as datas de inicio e de fin da actividade obxecto de recoñecemento. As certificacións haberá que pedilas nos seguintes ministerios segundo a actividade da que se trate:

  • Servizo militar: Ministerio de Defensa, Delegación de Defensa que corresponda
  • Prestación social substitutoria: Ministerio de Justicia
  • Servizo social da muller: Ministerio de Política Territorial y Función Pública, Subdirección General de Asuntos Generales y Coordinación

Para tramitar estas solicitudes en liña cos ministerios, este é o enderezo do Rexistro Electrónico da Administración Xeral do Estado: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do

Unha vez teñamos o certificado de recoñecemento por parte do ministerio correspondente, compre distinguir entre estas dúas situacións:

  • No caso de que o ministerio competente emita unha certificación asinada en papel, a persoa interesada deberá acudir á oficina de asistencia en materia de rexistro, no Pazo de San Xerome, en Santiago de Compostela, ou no Edificio de Servizos Administrativos, en Lugo, para tramitar a súa solicitude. Terá que levar a certificación orixinal do ministerio para que no rexistro poidan cotexala.
  • No caso de que o ministerio competente emita unha certificación electrónica co seu correspondente CSV (Código Seguro de Verificación), a solicitude xunto coa certificación deberán presentarse directamente pola persoa interesada a través do rexistro electrónico da USC.
Logo CCOO USC

Avenida das Ciencias s/n
Locais Sindicais da USC
Campus Sur
Santiago de Compostela

CCOO da USC, o teu sindicato, a mellor garantía