Persoal de Investigación da USC

Quen constitúe o Persoal de Investigación?

O persoal investigador e técnico de apoio en actividades e programas de I+D+i , tamén coñecido como Capítulo VI, está formado polo persoal da Universidade contratado con cargo a actividades de I+D+i. Este persoal defínese pola procedencia do financiamento para pagar o seu salario, normalmente asociada as actividades I+D+i . Estes traballadores poden desenvolver labores investigadoras, técnicas ou administrativas

Cantos somos?

Segundo as estadísticas da USC, en decembro do 2023 había en torno a 1205 persoas contratadas con cargo a proxectos de investigación

Programa, accións e representantes

Principais propostas para o Persoal de Proxectos e Programas de Investigación

O obxectivo fundamental a respecto do Persoal de Investigación foi negociar a regularización das súas condición laborais. Unha vez logrado isto, materializado no acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación, seguimos loitando para mellorar a situación deste colectivo. As nosas propostas son:

  • Negociación da carreira horizontal para todo o persoal de investigación
  • Actualización automática dos trienios (sen ter que solicitalos cada vez que se cumpren)
  • Extensión de melloras sociais: gratuidade de matrícula nas universidades do SUG, matrícula no CLM, etc.
  • Acceso aos programas e plans de formación ampliando a oferta ás necesidades formativas dos postos
  • RPT de persoal de investigación con identificación de prazas estruturais que deben ser incorporadas no Capítulo I

Ver o programa específico de Persoal de Proxectos e Programas de Investigación

Normativa e instruccións para o Persoal de Investigación


Ligazóns de interese para o Persoal de Investigación

Logo CCOO USC

Avenida das Ciencias s/n
Locais Sindicais da USC
Campus Sur
Santiago de Compostela

CCOO da USC, o teu sindicato, a mellor garantía