Xestións en liña

Seguridade Social

  • Alta do teu teléfono e email. Extraordinariamente útil e importante. Cando a Seguridade Social ten estes datos pode comunicarche inmediatamente todo movemento na túa vida laboral
  • Cálculo da xubilación. Simulador para obter unha estimación da pensión de xubilación
  • Renovar domicilio. Para poder seguir recibindo os informes que a Seguridade Social envíe por carta
  • Informe de bases de cotización. Para comprobar que a túa empresa está realmente cotizando según o que di a túa nómina. Moi importante porque do importe das cotizacións dependerá o que ti logo poidas cobrar de paro, baixas, xubilación e outras prestacións contributivas da Seguridade Social
  • Informe de vida laboral. Contén as datas dos teus movementos na Seguridade Social: altas, baixas, modificacións de datos, etc.
  • Oficina Virtual de Reclamacións e Litixios. Para que as persoas traballadoras presenten queixas en relación coa actuación das mutuas ante este organismo dependente da Secretaría de Estado da Seguridade Social

Facenda

SEPE (antigo INEM)

Varios

Comunicación anónima á Inspección de Traballo. Non é exactamente o mesmo que unha denuncia ante Inspección de Traballo pero é anónima, é por internet, é directa á Inspección e podería servir para que esta inicie actuacións de oficio

Cálculo do tempo de amortización do teu despedimento. Para saber canto tempo tardaría a empresa en aforrarse a mesma cantidade de diñeiro que o que lle costará a túa indemnización de despedimento

Cálculo do número de horas extra. Para saber cantas horas extra poderías estar facendo sen darte conta, porque traballar só 40h semanais non sempre supón non facer horas extra

LogoCCOOEnsino-200w

Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 8 - 1º andar Santiago de Compostela - C. P. 15707

CCOO Ensino - Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia