Política de privacidade

A Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia está especialmente sensibilizada na protección de datos de carácter persoal dos Usuarios do sitio web. Mediante a presente Política de Privacidade (ou Política de Protección de Datos) a Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia informa aos usuarios do sitio web: ccooensino.gal dos usos aos que se someten os datos de carácter persoal que se recaban no sitio web, co fin de que decidan, libre e voluntariamente, se desexan facilitar a información solicitada.

1 – RESPONSABLE

O responsable do tratamento dos datos de carácter personal é: FEDERACION DE ENSEÑANZA DE COMISIONES OBRERAS, CIF: G78427002 e domicilio na Rúa Albasanz, 3, 2ª planta – 28037 (Madrid).

Podes contactar con nós a través de fe.ccoo.es/Contacta

2 – FINALIDADE DO TRATAMENTO

A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais, a través dos distintos formularios propiedade de Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia postos a disposición dos Usuarios, responden, segundo o caso concreto, para xestionar e atender a solicitudes de información, dúbidas, queixas, felicitacións ou suxestións ás publicacións ou a calquera servizos ou actividades, actos ou eventos organizados pola Federación. En concreto en ccooensino.gal tratamos os datos con estas finalidades:

  • Tramitar as solicitudes de afiliación.
  • Resolver as consultas, dúbidas e suxestións que nos poidas expor a través dos diversos medios de contacto postos á túa disposición.
  • Xestionar a túa solicitude de recepción dos nosos comunicados, publicacións e boletíns electrónicos.
  • Coñecer a opinión a través de enquisas.
3 – PRAZO DE CONSERVACIÓN

Os datos baseados no consentimento manteranse mentres non revogues o consentimento ou te opoñas ao tratamento. 

4 – LEXITIMACIÓN

A Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia está lexitimada ao tratamento de datos persoais, en base ao consentimento outorgado polo interesado para un ou varios fins específicos, tal e como recolle o artigo 6.1. a) ao cumprimentar os formularios e marcar a caixa de verificación habilitada para tal efecto. 

5 – EXACTITUDE DOS DATOS

Doutra banda, co fin de que os datos obrantes nos nosos ficheiros, informáticos e/ou en papel, sempre correspondan á realidade, tratarase de mantelos actualizados. De maneira que, para estes efectos, deberás realizar os cambios, directamente, cando así estea habilitado ou comunicándose, por medio fidedigno, á área ou departamento correspondente da Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia.

6 – DESTINATARIOS

Os datos persoais non serán cedidos ou comunicados a terceiros, agás nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento da/s finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo Lei. 

A Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia conta con encargados de tratamento cos que ten asinados un contrato de acceso a datos conforme ao contido previsto no artigo 28 do RXPD.

7 – DEREITOS DOS USUARIOS

En todo caso poderás exercitar os dereitos que te asisten, de acordo co Regulamento Xeral de Protección de Datos, e que son:

  • Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información, no seu caso, sobre o devandito tratamento.
  • Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.
  • Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.
  • Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento, a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.
  • Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recollidos na normativa vixente.
  • Dereito á portabilidade dos datos: dereito a recibir os datos que proporcionou nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, ou a que sexan transmitidos directamente a un terceiro nos supostos establecidos na normativa vixente.
  • Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produza efectos xurídicos no/a interesado/a ou lle afecte significativamente de modo similar.
  • Dereito a retirar o consentimento: cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento das persoas interesadas, estas poderán retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada.

Poderás exercitar tales dereitos mediante solicitude acompañada dunha fotocopia do teu D.N.I especificando cal destes dereitos solicitas que sexa satisfeito, e remitida ao enderezo: Rúa Albasanz, 3, 2ª planta – 28037 (Madrid), ou ao seguinte enderezo de correo electrónico: dpd@ccoo.es

En caso de considerar vulnerado o teu dereito á protección de datos persoais, poderás interpoñer unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

8 – MEDIDAS DE SEGURIDADE

Finalmente infórmase que a Federación de Ensino de Comisións Obreiras de Galicia adoptará no seu sistema de información as medidas técnicas e organizativas adecuadas, a fin de garantir a seguridade e confidencialidade dos datos almacenados, evitando así, a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado; tendo en cuenta o estado da técnica, os custos de aplicación, e a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como riscos de probabilidade e gravidade variables asociadas a cada un dos tratamentos.

Se tes algunha pregunta sobre esta Política de Privacidade, rogamos que te poñas en contacto con nós enviando un email a dpd@ccoo.es