Educación comprometida: protexendo os dereitos da infancia

No 20 de novembro, no día universal da infancia, unimos forzas para honrar a importancia da Convención sobre os dereitos do neno/a, un marco crucial que guía o noso compromiso coa infancia. Como educadores e educadoras, recoñecemos a necesidade de poñer os nenos e nenas no foco da nosa atención e traballar arduamente para protexer e promover os seus dereitos. … Ler máis

11 de outubro, día internacional da nena

Esta data conmémorase cada ano para arroxar luz sobre as condicións nas que viven e medran as nenas adolescentes (arredor de 600 millóns delas, entre 10 e 19 anos), e para poñer sobre a mesa os desafíos aos que se enfrontan, especialmente nos países en desenvolvemento.

Charlas nas Universidades

Retomamos as charlas que desde CCOO ensino facemos nas universidades informando sobre os procesos selectivos docentes e outras cuestións de interese.

A CORUÑA: Reunión telemática por Teams. Mércores 16 de marzo ás 12:00

FERROL: Salón de actos Concepción Arenal, campus de Ferrol. Xoves 17 de marzo de 11:30 a 14:00

LUGO: Salón de actos da facultade de CC da Educación. Xoves 17 de marzo de 11:30 a 13:30

OURENSE: Aula Emilia Pardo Bazán, Edificio Ferro. Mércores 16 de marzo ás 11:30

PONTEVEDRA: Salón de graos da facultade de Ciencias Sociais. Martes 15 de marzo de 11:00 a 12:00

SANTIAGO DE COMPOSTELA: Facultade de CC da Educación, aula 12, facultade de farmacia, campus sur. Mércores 16 de marzo de 11:30 a 13:30 e Xoves 17 de marzo de 11:30 q 13:30

VIGO: Salón de graos da facultade de CC económicas e empresariais, campus Vigo. Martes 15 de marzo de 11:00 a 12:30