A crise de MUFACE: o que precisas saber

O compromiso de CCOO na defensa dos dereitos das persoas traballadoras, da súa atención sanitaria e do fortalecemento dos servizos públicos.

Podes consultar as 10 ideas clave sobre a crise de MUFACE nesta infografía.

CCOO defende un Sistema Nacional de Saúde público, gratuíto, universal e dotado suficientemente de persoal e recursos. Tamén defende os dereitos do funcionariado inherentes ás condicións dos seus postos de traballo desde o primeiro día.

O Sistema Nacional de Saúde, formado polo conxunto de servizos de saúde da Administración do Estado e das comunidades autónomas, finánciase cos impostos xerais de todas as persoas (IRPF, IVE, hidrocarburos, etc.) e non coas cotizacións á Seguridade Social.

sanidad.gob.es – A metade da poboación non sabe que a sanidade pública se financia cos impostos

MUFACE (Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado) é o organismo público encargado de prestar asistencia sanitaria e social ao colectivo de funcionarios adscritos. Todas as persoas funcionarias que pertencen a MUFACE fano de forma obrigatoria e independentemente da asistencia sanitaria, pública ou privada, que escollan voluntariamente.

muface.es – Quen somos
muface.es – Prestacións

MUFACE é un dereito polo que as persoas mutualistas pagan mensualmente en cada nómina e que representa unha parte das súas condicións laborais.

muface.es – Cotizacións

Coa finalización da vixencia do convenio sanitario de MUFACE no ano 2024 e convocada a licitación dun novo convenio (por segunda vez), existe a posibilidade de que ningunha entidade sanitaria privada se presente á mesma.

A prioridade actual é a resolución do problema da atención sanitaria inmediata para 1,5 millóns de persoas que pertencen a MUFACE.

Non. Sobrecargar e saturar os sistemas públicos de saúde é unha opción inviable, pouco realista e irresponsable.

Conduciría irremediablemente a un empeoramento da atención sanitaria para todo o mundo e das condicións de traballo para o persoal dos centros sanitarios

O desbordamento dos servizos públicos de saúde, tal e como xa está ocorrendo,   incrementará os acordos de colaboración con entidades sanitarias privadas cun custo moito maior que o do convenio sanitario de MUFACE.

  • Esiximos a adopción de medidas nas distintas mesas de negociación a nivel estatal e tamén nos reunimos co Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública e con MUFACE.
  • Manifestamos a intención de convocar mobilizacións se non se garantía o dereito a unha atención sanitaria de calidade do funcionariado.
  • Concentrámonos o pasado 11 de decembro de 2024, CCOO e outras nove organizacións sindicais (UGT, USO, ANPE, ADIDE, USIE, UFP, SUP, ACAIP e SIAT).

Chegouse a este punto por culpa das aseguradoras privadas que están actuando cunha voracidade insaciable fronte a unha suba enorme da contía do concerto, que practicamente se duplicou e que se aproxima moito ás súas demandas iniciais.

A nova licitación do concerto sanitario de MUFACE prevé un prazo de presentación de ofertas ata o 15 de xaneiro 27 de xaneiro; esa data marcará un punto de inflexión nesta situación.

  • De presentarse algunha entidade á licitación, a adxudicación resolverase antes do 1 de abril, data ata a que está prorrogado o actual concerto sanitario e durante este período ADESLAS, ASISA e DKV seguirán prestando asistencia sanitaria.
  • De non presentarse ningunha entidade á licitación, poderanse executar novas medidas de presión e mesmo o Goberno podería abrir unha terceira licitación para tentar solucionar o problema. Neste escenario, ábrese un novo prazo (pola aplicación da Lei de contratos do sector público) no cal esas mesmas entidades poden (e deben) ser obrigadas polo Goberno a seguir prestando o servizo ata o mes de outubro de 2025.

Ata chegar á resolución do problema, ningunha organización sindical pode promover solucións simplistas e pouco realistas que pasen pola perda de dereitos adquiridos polas persoas traballadoras. 

Fronte á inacción dalgunhas organizacións sindicais ou ante a actuación en solitario dalgunha outra, as Comisións Obreiras seguiremos apostando pola unidade sindical na defensa dos dereitos das persoas traballadoras, da súa atención sanitaria e do fortalecemento dos servizos públicos.

  • Prazo para pasarse ao sistema sanitario público (SERGAS en Galicia): mes de xaneiro.
  • Desde que se asine o novo concerto sanitario, haberá un novo prazo para poder pasarse ás entidades privadas que o subscriban.
  • Aquelas persoas que soliciten o cambio á seguridade social en xaneiro, poderán solicitar o cambio tamén no segundo prazo.

A solicitude pode realizarse por sede electrónica de MUFACE, en calquera oficina de MUFACE, por correo postal ou en calquera rexistro.
Máis información, na web de MUFACE

 

Segues tendo dúbidas? Envía as túas consultas e achegas a ensino@galicia.ccoo.es