Todo o que necesitas saber tras o parto
Aclaracións importantes
En todo o relativo a permisos e licenzas equipárase a unión de feito ao matrimonio e o convivente ao cónxuxe, se se produciu a inscrición nun rexistro oficial de parellas de feito.
Toda referencia á data de nacemento é equiparable á da efectividade da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da efectividade da resolución xudicial pola cal se constitúa a adopción.
Normativa
- Real Decreto-lei 5/2023, de 28 de xuño
- Real Decreto-lei 6/2019, do 1 de marzo, artigo 3
- Orde do 24 de febreiro de 2016 pola que se amplía a Orde do 29 de xaneiro de 2016, incorporando dous novos permisos (para funcionarias en estado de xestación e para adaptación progresiva da xornada laboral para tratamentos oncolóxicos
- ORDE do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula o réxime de permisos, licenzas e vacacións do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
- Lei 2/2015 do emprego público de Galicia