Persoal admitido e excluído:
- Web da Consellería
- Resolucion provisional admitidos excluídos concurso oposicion
- Anexo I Listaxe provisional de persoas admitidas Primaria
- Anexo I Listaxe provisional de persoas admitidas Secundaria e outros
- Anexo II Listaxe provisional de persoas excluidas Primaria
- Anexo II Listaxe provisional de persoas excluidas Secundaria e outros
Sorteo de tribunais – Oposicións 2026:
Infografías explicativas:
- Prazo de inscrición: do 24 de febreiro ao 16 de marzo, ambos incluídos
- Manual da Consellería sobre os procesos de inscrición e pagamento de taxas
- Orde de actuación das persoas aspirantes nas oposicións do ano 2026: letra M
AVISO IMPORTANTE!
Nova redacción do punto 12.4 da orde de oposicións
12.4. Segunda proba.
O persoal aspirante que superou a primeira proba realizará esta segunda proba que terá por obxecto a comprobación da aptitude pedagóxica do persoal aspirante e do seu dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente. A proba componse de dúas partes:
Parte A: presentación e defensa dunha programación didáctica.
A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade pola que se participa, na cal deberán especificarse os obxectivos, as competencias, os contidos, a metodoloxía didáctica, os criterios de avaliación, así como a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Esta programación corresponderase cun curso escolar dun dos niveis ou etapas educativas en que o profesorado da especialidade teña atribuída competencia docente para impartilo, elixido pola persoa candidata, e deberá organizarse en unidades didácticas de tal maneira que cada unha delas se poida desenvolver completamente no tempo asignado para a súa exposición; en calquera caso, unha programación para un curso escolar deberá conter, como mínimo, 15 unidades didácticas que deberán estar enumeradas, e terá, sen incluír anexos, unha extensión máxima de 60 páxinas, formato DIN-A4, a dobre espazo interlineal (a excepción das táboas, nas que non será preciso respectar o espazo interlineal), con letra tipo Arial, sen comprimir, tamaño de 12 puntos. No caso das especialidades propias da formación profesional, a programación deberá conter un mínimo de 4 unidades didácticas. Na extensión máxima de 60 páxinas non se computará a portada nin a contraportada. Si se computará o índice.
Resultará excluído do procedemento selectivo o persoal aspirante cuxa programación non se axuste ao establecido nos parágrafos anteriores. En ningún caso poderá excluírse as persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.
As programacións versarán sobre os seguintes currículos:
No caso das especialidades con competencia docente na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato:
– Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso das especialidades específicas de formación profesional, os publicados no Diario Oficial de Galicia no momento da publicación desta orde ou, de ser o caso, os aplicables na comunidade autónoma. Non poderá realizarse a programación dos seguintes módulos de formación profesional: Sostibilidade apl
A programación deberá entregarse ao tribunal polo persoal aspirante que supere a primeira proba no centro no que están actuando, no prazo que estableza o tribunal ao publicar as cualificacións da primeira proba.
Asemblea informativa sobre a inscrición nas oposicións:
Previsión de reparto de prazas por corpo e especialidade (2026):
Convocatorias anteriores
Novidades sobre oposicións:

Curso en liña: a función pública docente na etapa de educación primaria 2026. Supostos prácticos
Abrimos a matrícula do curso en liña A función pública docente na etapa de educación primaria 2026. Supostos prácticos, unha formación telepresencial de 12 horas orientada á preparación da oposición e ao coñecemento da organización dos centros, protocolos educativos, atención á diversidade e resolución de casos prácticos. Prazas limitadas ata completar aforo.

Asinado o acordo que pon fin ás oposicións obrigatorias para o persoal consolidado
Hoxe, 11 de febreiro, os sindicatos CCOO Ensino, ANPE, UGT-SP e CSIF asinamos o acordo coa finalidade de que entre en vigor xa no proceso selectivo de 2026.

Convocada Mesa Sectorial sobre a OPE e a convocatoria de oposicións 2026
Convocada Mesa Sectorial que terá lugar o martes, 10 de febreiro de 2026.

Logro sindical na negociación de condicións do persoal interino e substituto
CCOO Ensino, ANPE, CSIF e UGT-SP, como organizacións sindicais asinantes do Acordo
para as condicións de traballo do persoal interino e substituto informamos dun avance
fundamental alcanzado polos catros sindicatos e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP no seo da comisión de seguimento deste Acordo.

Non hai excusas
CCOO e UGT esixen ao Goberno o cobro do 0,5 %, asegurar a xubilación parcial e abrir a negociación dun novo acordo que garanta a mellora das retribucións e máis emprego público.

