Convocada Mesa Sectorial que terá lugar o martes, 10 de febreiro de 2026.
Orde do día:
- Proposta de modificación do Acordo polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias.
- Borrador decreto /2026, do …. de febreiro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
- Borrador da Orde do _____de______ de 2026 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e ao corpo de mestres, e o procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade.
Envía as túas achegas a ensino@galicia.ccoo.es
