Curso en liña: a función pública docente na etapa de educación primaria 2026. Supostos prácticos

Abrimos a matrícula do curso en liña A función pública docente na etapa de educación primaria 2026. Supostos prácticos, unha formación telepresencial de 12 horas orientada á preparación da oposición e ao coñecemento da organización dos centros, protocolos educativos, atención á diversidade e resolución de casos prácticos. Prazas limitadas ata completar aforo.

Logro sindical na negociación de condicións do persoal interino e substituto

CCOO Ensino, ANPE, CSIF e UGT-SP, como organizacións sindicais asinantes do Acordo
para as condicións de traballo do persoal interino e substituto informamos dun avance
fundamental alcanzado polos catros sindicatos e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP no seo da comisión de seguimento deste Acordo.

Oposicións no ano 2025

O Presidente Rueda anunciou hoxe que a Xunta lanzará unha nova oferta de emprego público en 2025 co fin de consolidar o cadro de persoal docente ata chegar ao máximo da taxa de reposición (120 %).

Desta maneira, aínda que non se coñecen as especialidades que se convocarán nin o reparto de prazas por especialidade, si que se pode contar cunha convocatoria de entre 1 000 e 1 500 prazas, na liña das ofertas correspondentes aos últimos exercicios.