CCOO Ensino esiximos máis transparencia e acceso á información nos concursos de provisión de postos e nas oposicións docentes

Coincidindo co inicio do prazo do Concurso Xeral de Traslados, desde CCOO Ensino presentamos unha reclamación ante a Consellería para esixir maior transparencia e acceso á información nos concursos de provisión de postos e nos procedementos selectivos docentes. Reclamamos garantías para defender os dereitos do profesorado e exercer eficazmente o noso labor de control sindical.