Concurso para centros de persoas adultas

Concurso de traslados específico, entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario,  funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas.

Convocatoria

Vacantes definitivas remitidas pola Consellería

Borrador de convocatoria

Base vixésima primeira. Participación simultánea no concurso xeral de traslados ou outros sistemas de provisión definitiva no curso 2024-2025

O profesorado que obteña destino definitivo para o curso 2025-26 nesta convocatoria non poderá obter destino no concurso xeral de traslados nin noutros que convoque esta consellería e para estes efectos, serán excluídos da participación dos procedementos de provisión definitiva convocados este curso académico 2024-2025.