Curso en liña: «Programas e procesos selectivos da acción educativa no exterior»

Curso telepresencial de 14 horas para coñecer en profundidade os programas da acción educativa española no exterior e os seus procesos selectivos.

Unha formación práctica e especializada para o profesorado interesado en acceder a postos docentes ou de asesoría técnica no exterior, con análise de convocatorias, baremos, probas e entrevistas, ademais de experiencias reais de profesionais con traxectoria internacional.

Homologado pola Consellería de Educación e impartido por persoal experto con ampla experiencia nestes programas.

Curso en liña: produtividade e creatividade na nube con Canva. IV edición

Aprenderás a utilizar Canva para crear imaxes, infografías, documentos, presentacións e vídeos visualmente atractivos, sen necesidade de experiencia previa en deseño.

Curso en liña: «Comezar con bo pé: claves para a xestión eficaz do departamento de orientación»

Dar os primeiros pasos como responsable dun Departamento de Orientación (DO) pode xerar tantas ilusións coma incertezas. Este curso está pensado para acompañarte nese camiño e ofrecerche as ferramentas, coñecementos e recursos necesarios para que poidas asumir a xefatura con confianza, criterio e eficacia.