Creatividade en movemento: domina a produción audiovisual co teu smartphone 2026/27

O curso “Creatividade en movemento: domina a produción audiovisual co teu smartphone” está dirixido a profesorado que queira incorporar a creación audiovisual á súa práctica docente empregando o teléfono móbil como ferramenta de gravación e edición.

Ao longo da formación traballarase coa aplicación VN para aprender a planificar, gravar, editar e publicar contidos audiovisuais, desde os fundamentos da linguaxe visual ata a creación dun proxecto final. A proposta ten un carácter eminentemente práctico e busca que os recursos aprendidos poidan trasladarse directamente á aula.

A actividade está homologada pola Consellería.

Información básica do curso

  • Modalidade: teleformación a través de Moodle
  • Duración: 50 horas
  • Datas: do 1 de febreiro ao 14 de marzo de 2027
  • Prazas: 50
  • Persoa titora: Natalia Iglesias González
  • Custo: de balde para persoas afiliadas a CCOO / 100 € para persoas non afiliadas

Como funciona o curso?

O curso é asíncrono, cun funcionamento similar ao dos cursos que organiza a Consellería a través de FPROFE, pero na plataforma de teleformación de CCOO Ensino. Isto significa que non tes que conectarte en días ou horas concretas para seguir o curso: en cada módulo terás dispoñibles os materiais e as actividades correspondentes, que poderás realizar organizando o tempo segundo a túa dispoñibilidade.

De cara ao recoñecemento do curso por parte da Consellería, lembra que non se pode realizar simultaneamente máis dun curso en rede, tal e como se establece no artigo 17.1.g da Orde do 14 de maio de 2013, que regula o recoñecemento e certificación das actividades de formación permanente do profesorado.

Inscrición

Para solicitar praza, enche o seguinte formulario:

👉 Formulario de inscrición

Cubrir o formulario serve para solicitar unha praza no curso. Como as prazas son limitadas, adxudicaranse por orde de inscrición.

A principios de xaneiro contactaremos por correo electrónico coas persoas admitidas para indicarlles como formalizar a matrícula. Tamén comunicaremos por correo electrónico, se é o caso, a situación das persoas que queden en lista de agarda.

As comunicacións enviaranse desde formacion.ensino@galicia.ccoo.es. Recomendámosche que engadas este enderezo aos teus contactos ou que crees un filtro no teu correo para evitar que as mensaxes poidan chegar á carpeta de spam.

Guía do curso

Na guía do curso podes consultar con máis detalle a organización da formación, a distribución dos módulos, as actividades, a metodoloxía e os criterios de avaliación.

👉 Consultar a guía do curso

Obxectivos

  • Capacitar aos alumnos/as na gravación e edición de vídeo para desenvolver habilidades na creación audiovisual.
  • Familiarizar aos participantes nas ferramentas de edición de audio e vídeo dispoñibles nos teléfonos móbiles.
  • Desenvolver a creatividade dos participantes na producción e edición de vídeo de contido multimedia empregando só o teléfono.

Contidos

  • Introducción as ferramentas de edición de vídeo e audio dispoñibles en dispostivos móbiles.
  • Coñecemento da aplicacións gratuítas de edición de vídeo e audio maís populares e as súas principais características.
  • Fundamentos da edición de vídeo: cortar, unir, recortar, engadir transicións, efectos básicos.
  • Incorporación de música, efectos de son, e gravacións de voz na edición de vídeo.
  • Optimización de vídeos para redes sociais e plataformas en streaming.

Competencia dixital docente

O curso traballa competencias vinculadas á competencia dixital docente, especialmente nas áreas de contidos dixitais e ensino e aprendizaxe, con indicadores de nivel B1:

Nivel B1:

  • 1.4. Desenvolvemento profesional dixital continuo
  • 2.2. Creación e modificación de recursos dixitais
  • 3.1. Ensino
  • 6.3. Creación de contidos dixitais

Estrutura do curso

O curso estrutúrase en sete módulos, máis un módulo introdutorio:

Módulo 0. Preparándote para aprender: benvida ao curso e configuración de VN — 2 horas

Presentación da formación, instalación da aplicación VN e primeira configuración.

Módulo 1. Luz, cámara… Introdución á produción audiovisual móbil — 5 horas

Primeiros pasos na produción audiovisual, creación dun proxecto, importación de clips e coñecemento da interface de edición.

Módulo 2. O ollo que conta historias. Linguaxe audiovisual e planificación creativa — 5 horas

Linguaxe audiovisual, planos, encadramentos, movementos, formatos e planificación mediante guión gráfico.

Módulo 3. Gravar con arte (e móbil). Técnicas de gravación co smartphone — 7 horas

Técnicas de gravación, composición, iluminación, son, edición básica, transicións e control da velocidade.

Módulo 4. Cortar, pegar e brillar — 7 horas

Edición e montaxe de vídeo, animacións, modificación de clips, música, textos e efectos.

Módulo 5. A voz en off. Narrativa e estilo persoal — 7 horas

Creación de narrativas con finalidade educativa, escritura de guións breves, gravación da voz e integración da locución no vídeo.

Módulo 6. Do móbil para o mundo — 8 horas

Adaptación dos vídeos a distintas plataformas, privacidade e autoría, edición avanzada e optimización para redes sociais.

Módulo 7. O gran final — 9 horas

Elaboración dun proxecto audiovisual completo no que se integrarán os coñecementos e técnicas traballados durante o curso.