A neutralidade institucional e os dereitos das persoas usuarias e traballadoras están por riba de calquera acto electoral

Insistimos en que os actos electorais no HC San Rafael non poden comprometer a neutralidade, a liberdade de decisión das persoas con discapacidade nin os dereitos laborais. A actividade partidista debe permanecer separada da actividade asistencial do centro, sen excepcións.

CCOO plántase ante os recortes da patronal no VIII Convenio do Ensino Concertado

CCOO rexeitou o xoves 19 de novembro, na Mesa Negociadora do VIII Convenio Colectivo de Ensino Concertado, a proposta de clasificación profesional da patronal, que elimina as categorías non docentes e abre a porta a unha polivalencia sen límites. O sindicato esixe ademais coñecer as táboas salariais antes de seguir negociando e logrou que a patronal aceptase tratar con urxencia … Ler máis

O Goberno aproba a aplicación da suba salarial acordada do 4,5 % para 2027 ás empregadas e empregados públicos

O Goberno aproba a suba salarial do 4,5 % para 2027, pactada por CCOO no Acordo Marco. Explicamos cando se cobrará, sobre que retribucións se aplicará e que reivindicacións seguen pendentes.

Esiximos ao Ministerio de Defensa a formalización inmediata da adxudicación dos seus centros de educación infantil

Demandamos ao Ministerio de Defensa que poña fin aos atrasos na adxudicación dos centros de educación infantil, garanta a subrogación do persoal e permita aplicar desde o 1 de decembro as melloras salariais para as educadoras infantís.

CCOO Ensino sobre o acto electoral no HC San Rafael de Vigo

O PP pretende facer campaña electoral no HC San Rafael de Vigo, un centro de atención a persoas con discapacidade financiado con fondos públicos. Desde CCOO Ensino advertimos: os dereitos das persoas usuarias e traballadoras deben estar por riba de calquera interese partidista.

As subas salariais non se conseguen con propaganda. As medallas, para quen negocia

CCOO Ensino explica a orixe da suba salarial do 4,5 % para 2027 no ensino concertado e reivindica o papel da negociación colectiva fronte ás organizacións que pretenden atribuírse acordos nos que non participaron.

CCOO Ensino denuncia o caos organizativo nas tomas de posesión dos procesos de estabilización da Xunta de Galicia

A falta de planificación da Consellería de Educación pon en risco a cobertura de servizos esenciais nos centros educativos en pleno curso escolar. CCOO Ensino denuncia publicamente a falta de planificación e organización da Xunta de Galicia na xestión das tomas de posesión derivadas dos procesos de estabilización convocados en 2022, que afectan especialmente ao persoal de limpeza e cociña … Ler máis

CCOO esiximos garantías reais de estabilización para o profesorado do programa María Goyri

CCOO reclamamos garantías de estabilización para os 3 400 profesores e profesoras axudantes doutores do programa María Goyri. Esiximos financiamento suficiente, a sinatura das addendas para completar os seis anos de contratación e compromisos reais das administracións para consolidar as prazas e garantir a continuidade profesional.

CCOO Ensino presenta unha candidatura de 912 docentes coa aspiración de ser a referencia sindical do ensino público galego

As candidaturas das catro provincias reúnen profesorado de arredor de 480 centros educativos repartidos por 186 concellos galegos
Reivindicamos un modelo que combina mobilización, negociación e acción xurídica para transformar as demandas do profesorado en avances reais