Comunicado sobre a unidade sindical nos sectores de Política Social en Galicia

A unidade sindical nos sectores de Política Social en Galicia viuse quebrada tras a convocatoria unilateral da CIG dunha concentración en Ourense, sen consenso nin comunicación previa, e incumprindo acordos comúns.

CCOO, UGT e USO consideramos inviable a súa continuidade, pero seguiremos traballando polas campañas Mércores de loita nos centros de traballo e Petiscos de realidade en defensa dos dereitos das persoas traballadoras.

Compensación de festivos en día de descanso: recente sentenza e resolucións

As recentes resolucións do Tribunal Supremo establecen que, cando un festivo coincide co descanso semanal, debe compensarse: o festivo non se “perde”. No ámbito educativo, esta interpretación afecta a convenios como Acción e intervención social, Reforma xuvenil e protección de menores, Ocio educativo e animación sociocultural e Atención a persoas con discapacidade. Porque os descansos son un dereito.

Persoal de Política Social en Loita. Discapacidade, Menores e Infantil 0-3

A CIG-Ensino, CCOO Ensino, UGT-SP Ensino, USO, CUT e SNEP anunciamos o inicio de mobilizacións nas rúas e nos centros de traballo, cunha “campaña de concienciación social” da precariedade laboral que sofren as persoas traballadoras destes tres sectores tan esenciais.

Polas melloras laborais, sociais e salariais na Discapacidade, Menores e Infantil 0-3

As organizacións sindicais CIG-Ensino, CCOO, UGT, USO, CUT, FSIE e SNEP, reuníronse o 10 de novembro de 2025 en aras de acadar unha unidade de acción sindical para dar continuidade ás mobilizacións comezadas nos tres sectores de atención ás persoas: discapacidade, menores e infantil 0-3.

CCOO Ensino denuncia a falta de resposta da Consellería de Política Social e Igualdade e urxe atención á crise nos centros de menores e de discapacidade

Desde a Federación de Ensino de CCOO queremos facer pública a nosa profunda indignación pola falta de resposta e o persistente silencio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ante a nosa solicitude formal de reunión.

CCOO Ensino e UGT-SP rexeitamos o engano e a instrumentalización da CIG da folga nos sectores de discapacidade, escolas infantís e menores

En CCOO Ensino e UGT-SP rexeitamos a folga unilateral da CIG nos sectores de discapacidade, escolas infantís e protección de menores. Carece de viabilidade real e só serve para enganar. Defendemos a unidade sindical como única vía para avanzar.