O profesorado galego non merece este espectáculo

O que si merece é rigor, capacidade de traballo e de negociación para a consecución de obxectivos e unha unidade sindical real como a que levamos dous anos mantendo CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP. Seguimos traballando para desenvolver por completo o Acordo que asinamos.

Comunicado conxunto para o profesorado galego sobre a unidade sindical

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP lamentamos profundamente o malestar xerado entre o profesorado como consecuencia da situación que existe actualmente entre as organizacións sindicais do ensino galego. 

Ao igual que sucedeu na folga do 25 de setembro, non tiñamos pensado pronunciarnos ata despois da convocatoria de folga que se fixo sen contar con nós para os días 28 e 29 de outubro. Mais como ocorreu a finais de setembro, cando se pretendeu facer ver que existía un apoio maioriatrio do profesorado galego á folga, as manipulacións que estamos presenciando obrígannos a facer público o noso posicionamento (unha vez máis).

CCOO Ensino e UGT-SP rexeitamos o engano e a instrumentalización da CIG da folga nos sectores de discapacidade, escolas infantís e menores

En CCOO Ensino e UGT-SP rexeitamos a folga unilateral da CIG nos sectores de discapacidade, escolas infantís e protección de menores. Carece de viabilidade real e só serve para enganar. Defendemos a unidade sindical como única vía para avanzar.