Comunicado conxunto para o profesorado galego sobre a unidade sindical

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP lamentamos profundamente o malestar xerado entre o profesorado como consecuencia da situación que existe actualmente entre as organizacións sindicais do ensino galego. 

Ao igual que sucedeu na folga do 25 de setembro, non tiñamos pensado pronunciarnos ata despois da convocatoria de folga que se fixo sen contar con nós para os días 28 e 29 de outubro. Mais como ocorreu a finais de setembro, cando se pretendeu facer ver que existía un apoio maioriatrio do profesorado galego á folga, as manipulacións que estamos presenciando obrígannos a facer público o noso posicionamento (unha vez máis).

Apoio á mobilización para reclamar o mantemento dunha unidade de educación infantil no CEIP da Pontenova

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP, asinantes do Acordo sobre medidas de mellora no ensino público non universitario, queremos expresar o noso total apoio á mobilización desenvolvida onte en Lugo polas veciñas e veciños da Pontenova diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia, en defensa do mantemento dos servizos públicos na vila, tanto no eido da sanidade como da educación.