CCOO Ensino e Anpas Galegas compartimos diagnóstico e preocupacións sobre o sistema educativo galego

No día de onte mantivemos unha reunión de traballo con Anpas Galegas. A xuntanza permitiu constatar que compartimos unha análise moi similar sobre as necesidades actuais do sistema educativo galego e sobre as inquedanzas que trasladan tanto o profesorado como as familias.

Sinatura dunha addenda ao Acordo sobre medidas de mellora para avanzar na redución do horario lectivo

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE, CSIF e UGT-SP e a Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia vimos de formalizar a sinatura dunha addenda ao Acordo sobre medidas de mellora, co obxectivo de impulsar a súa aplicación efectiva no sistema educativo galego e mellorar as condicións de traballo do persoal docente

A Consellería corrixe por fin o erro no cálculo de sexenios e titoría do 2025

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP informamos ao profesorado galego de que a Consellería de Educación regularizou as cantidades pendentes e corrixiu o erro aplicado en 2025 no cálculo dalgúns complementos retributivos vinculados ao Acordo sobre medidas de mellora asinado a finais de 2023.
Coa publicación onte, día 26 de xaneiro, da Orde de confección de nóminas para o ano 2026, tamén damos por bos os cálculos para a aplicación da parte fixa da suba para este exercicio.

O profesorado galego non merece este espectáculo

O que si merece é rigor, capacidade de traballo e de negociación para a consecución de obxectivos e unha unidade sindical real como a que levamos dous anos mantendo CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP. Seguimos traballando para desenvolver por completo o Acordo que asinamos.