Protocolo de acoso para o persoal docente no marco do Plan de Igualdade: envía as túas achegas

Pedimos achegas ao borrador do protocolo de acoso no marco do Plan de Igualdade do persoal docente. Un proceso que chega tarde, tras casos que tiveron que acabar na xustiza, e no que é clave garantir unha protección real do profesorado. Envíanos as túas propostas!

Esiximos ao Ministerio de Educación a convocatoria dunha Mesa Sectorial estatal para valorar o “Programa de IA para a Educación”

Esiximos a convocatoria dunha Mesa Sectorial para abordar o novo “Programa de IA para a Educación”, anunciado sen consulta previa ao profesorado. Reclamamos transparencia, participación sindical e garantías para evitar nesgos e preservar a equidade, a inclusividade e a calidade do sistema educativo.

Acordo no sector de menores: avances grazas á negociación colectiva

CCOO Ensino valoramos o acordo acadado no sector de menores como un avance relevante, froito dun proceso de negociación serio e sostido. Un resultado que é posible, no marco do convenio estatal, grazas ao traballo sindical responsale.

Curso en liña: produtividade e creatividade na nube con Canva. IV edición

Aprenderás a utilizar Canva para crear imaxes, infografías, documentos, presentacións e vídeos visualmente atractivos, sen necesidade de experiencia previa en deseño.