Protocolo de acoso para o persoal docente no marco do Plan de Igualdade: envía as túas achegas

Pedimos achegas ao borrador do protocolo de acoso no marco do Plan de Igualdade do persoal docente. Un proceso que chega tarde, tras casos que tiveron que acabar na xustiza, e no que é clave garantir unha protección real do profesorado. Envíanos as túas propostas!

CCOO Ensino e Anpas Galegas compartimos diagnóstico e preocupacións sobre o sistema educativo galego

No día de onte mantivemos unha reunión de traballo con Anpas Galegas. A xuntanza permitiu constatar que compartimos unha análise moi similar sobre as necesidades actuais do sistema educativo galego e sobre as inquedanzas que trasladan tanto o profesorado como as familias.

Que facer (e que non) durante unha baixa laboral

Estar de baixa laboral non implica quedar pechado na casa nin renunciar á vida cotiá. A baixa concédese para facilitar a recuperación, polo que se poden realizar todas aquelas actividades que non a prexudiquen e sempre seguindo as indicacións médicas. Pasear, facer exercicio moderado, manter vida social ou asistir a cursos alleos á empresa é posible se non atrasa a mellora. O que non está permitido é traballar, saltarse tratamentos ou realizar actividades imprudentes. En caso de dúbida, a recomendación é clara: consultar sempre co persoal médico que realiza o seguimento da baixa.

CCOO valora o esforzo da nova proposta do Goberno de suba salarial para as empregadas e empregados públicos, que agora temos que estudar

O Executivo elevou dun 10 % a un 11 % a proposta de aumento de soldo e emprázanos a unha nova reunión o luns 24 de novembro para seguir negociando esta e outras materias que debe recoller o novo acordo plurianual.

CCOO presenta unha radiografía das principais preocupacións do profesorado

Da man da empresa Demométrica, a Federación de Enseñanza de CCOO elaborou un estudo que recolle as opinións de docentes de centros de titularidade pública e privada concertada para coñecer de preto cales son os desafíos máis urxentes na actualidade e para o futuro.

Prevención e protección da saúde da clase traballadora fronte aos novos retos dixitais e psicosociais

No Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo, CCOO e UGT reafirmamos o noso compromiso coa defensa da seguridade e a saúde das persoas traballadoras e mais de espazos seguros e saudables como dereito fundamental. O 28 de abril é unha data de lembranza de todas aquelas persoas que perderon a saúde ou a vida no traballo, pero tamén é unha xornada de reivindicación e demanda á sociedade de máis atención ante este problema.